Outros proxectos

En A Panadaría confiamos nas infinitas posibilidades do teatro para facernos conectar con outras persoas, alimentar a empatía, fomentar o diálogo e facernos xogar e gozar. Por iso, na nosa traxectoria, desenvolvimos proxectos de mediación, educativos, de divulgación, en defensa da igualdade, de asesoría e composición musical para outras compañías e tamén labores de dirección artística de eventos como entregas de premios, congresos, ou galas.