Elisa e Marcela, edición especial xira despedida

XXII Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal
Co gallo da xira despedida do multipremiado espectáculo Elisa e Marcela, A Panadaría e a Erregueté (Revista Galega de Teatro) presentan esta edición especial. Neste exemplar recollemos o texto e partituras orixinais do espectáculo Elisa e Marcela, estreado en 2017, e escrito a pé de escena por Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Gena Baamonde. O volume inclúe fotografías da montaxe e das súas actividades paralelas, críticas e artigos especializados.

Elisa e Marcela é unha comedia musical e reivindicativa que se basea libremente nos feitos reais relacionados coa voda pola igrexa destas dúas mestras da Coruña no ano 1901.
Este libro foi presentado no Centro de Documentación e Estudos Feministas de Vigo o 7 de xuño de 2023 e na Libraría Lila de Lilith o 21 de xuño do mesmo ano.

Elisa e Marcela, edición especial xira despedida

Datos artísticos ou técnicos

Autoría: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Gena Baamonde.

Material extra: Andrea Álvarez Pino, Gena Baamonde, Areta Bolado, Iván Fernández, Bárbara G. Vilariño, Ailén Kendelman, Laura Porto.

Maquetación: Javier Lojo.

Edita: Erregueté (Revista Galega de Teatro).

Coordinación editorial: Areta Bolado.

Exemplar de 120 páxinas, publicado en xuño de 2023.

Á venda en librarías e aquí

Data publicación

Primeira edición: xuño 2023