As que limpan

Precariedade, abuso, explotación. Unha sátira na que as camareiras de piso dos hoteis levantan a alfombra do turismo.

Elisa e Marcela

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo. Unha comedia cabareteira onde o verídico parece invento.

Panamericana

Un divertimento tropical sobre o racismo cotián e institucional. Tres actrices interpretando vinte e catro personaxes e unha vedette de goma espuma.

Pan! Pan!

Aquí comezou todo para nós. Unha parodia dos westerns de vaqueiros para revolver o xénero. Whisky, testosterona e algo de travestismo.