Panamericana
Panamericana é unha comedia musical con sabor a guiso tropical no que tres actrices interpretan 24 personaxes.
Miranda Celia del Río é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada lévaa até A Provincia, unha vila na que se vai ter que enfrontar ao labiríntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Panamericana fala dun sistema racista e perverso dende unha óptica caricaturesca e esperanzadora. Unha festa teatral de cor, pluma e música.
Premios
Nomeación Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal 2016
Nomeación Premio María Casares a Mellor Vestiario 2016
Areta Bolado Nomeación Premio María Casares a Mellor Actriz Secundaria 2016
Críticas
«Un traballo notable para seguir pensando que o teatro segue a ter moitas razóns para ser».
Manuel Vieites. Faro de Vigo
«Ironía crítica que volve situar a estas novísimas creadoras nese punto interesante da comedia galega que quere facernos pensar».
Inma López Silva. Revista Tempos Novos
«Aquí a A Panadaría picoulle a ambición de ir máis alá, de mostrar unha visión social sobre os que está desprazados».
Camilo Franco. Diario Cultural CRTVG
Equipo
Creación e Interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Idea orixinal e texto: Areta Bolado
Música orixinal: Ailén Kendelman
Iluminación: Montse Piñeiro
Construción monicreque: Iria Roibás Esteve
Deseño vestiario: Uxía P. Vaello
Confección vestiario: Vaello
Imaxe gráfica: Noelia Castro
Fotografía: Pilar Abades
Vídeo: Illa Bufarda e Pilar Abades
Asesoría en movemento: Laia Oliveras
Asesoría en manipulación: Alba Grande
Formación en maxia: Sara Rodríguez
Formación en literatura: Gabriela Rivera