Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU

A compañía

A Panadeira? A Pandaría? A PanadEría? La Panadaira? Como raio se chaman estas mulleres?

A Panadaría somos nós: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Gustounos chamarnos así porque unha de nós tiña unha avoa, unha bisavoa e unha tataravoa panadeiras, porque amasamos un teatro artesán e porque o pan sempre cae ben (excepto se manducas unha bola de dous quilos). Chamámonos A Panadaría, en galego e con moitos as.

As nosas montaxes teatrais

Do forno de A Panadaría, aberto desde 2013, saíron espectáculos con poucos aderezos e moito arrecendo a humor irreverente e crítica social. O noso último proxecto é As que limpan (2022), despois de Elisa e Marcela (2017), Panamericana (2015) e Pan!Pan! (2013). Neste camiño recibimos máis dunha ducia de premios polo noso teatro e valores feministas

Outros proxectos

Ademáis de teatro, realizamos obradoiros, ficción sonora, roteiros e outras marabillas

Amasamos un teatro de creación propia. O noso é un oficio de tradición, de esforzo e constancia, de relación da persoa cos elementos máis básicos, co que veu antes e co que está por chegar.

Próximas funcións

Las que limpian

Laguna de Duero

Teatro Casa de las Artes

15/12/2023

Las que limpian

Segovia

Teatro Juan Bravo

16/12/2023

Queres falar con nós?

Tes algunha pregunta? Quéresnos facer unha proposta artística? Sentes un impulso irrefreable de enviarnos unha carta de amor?

En A Panadaría gústanos ter liña directa con vós, tanto ten que sexas unha persoa espectadora de teatro, artista, activista, xestora cultural, empresa… Se ti queres falar con nós, nós queremos falar contigo. Preme no cadradiño amarelo para poñerte en contacto connosco.

Contacta con nosoutras