PAN!PAN!

O primeiro espectáculo de A Panadaría foi medrando nunha xira polos bares do país e rematou definindo a que sería a nosa linguaxe teatral.

Pan! Pan! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns norteamericanos. Harry, un cowboy ianqui viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe que (disque) lle roubou a muller, da que está profundamente namorado.

Para nos contaren a aventura deste antiheroe, as tres actrices encarnan a masculinidade tópica e grotesca dos ranchos vaqueiros e as fedorentas cantinas do Far West.

Premios

1º Premio Xuventude Crea 2013

Premio da Crítica Galicia 2015

Areta Bolado Premio María Casares a Mellor Actriz Secundaria 2015

Nomeación Premio María Casares a Mellor Música Orixinal 2015

Críticas

«Unha viravolta fresca e radical. Un salto sen rede que promete un futuro cheo de teatro».

Roi Vidal. Revista Galega de Teatro

«PAN!PAN! será un espectáculo de éxito durante o 2015 e as súas actrices terán moito que dicir no teatro galego do futuro, sen dúbida. Non deixen de velo».

Inma López Silva. Revista Tempos Novos 

«Un desafío. PAN!PAN! é teatro proletario: traballar, traballar e traballar ata que as cousas saen ben».

Camilo Franco. Diario Cultural CRTVG

«Corpos áxiles, fortes, imparables. Corpos de mulleres, fóra do común, ideas de mulleres, fóra do común».

María Xosé Queizán. Praza Pública

«Pese a que o escenario estaba baleiro o que viron os espectadores era teatro completo».

Camilo Franco. Revista Galega de Teatro

Equipo

Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

Idea orixinal / texto: Areta Bolado

Música orixinal: Ailén Kendelman

Atrezzo: Isabel Mouzo

Iluminación: Montse Piñeiro

Fotografía: Pilar Abades

Deseño gráfico: Noelia Castro