Sinopse da obra PAN!PAN!
O primeiro espectáculo de A Panadaría foi medrando nunha xira polos bares do país e rematou definindo a que sería a nosa linguaxe teatral. Pan! Pan! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns norteamericanos. Harry, un cowboy ianqui viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe que (disque) lle roubou a muller, da que está profundamente namorado. Para contarnos a aventura deste antiheroe, as tres actrices encarnan a masculinidade tópica e grotesca dos ranchos vaqueiros e as fedorentas cantinas do Far West.
Unha obra de teatro moi aplaudida pola crítica.
Vívea connosco nas seguintes datas
Premios
1º Premio Xuventude Crea 2013
Premio da Crítica Galicia 2015
Areta Bolado Premio María Casares a Mellor Actriz Secundaria 2015
Nominación Premio María Casares a Mellor Música Orixinal 2015