Acto de renomeamento edificios UVigo (Exeria, Filomena Dato e Ernestina Otero)

Eses espazos que transitamos na nosa vila, preto do traballo, na universidade tamén teñen que ser construídos desde unha ollada feminista que converta os lugares públicos en espazos máis vivibles, organizados cunha visión interseccional que poña no centro as mulleres, as nenas, persoas maiores, trans, con diversidade funcional e racializadas.

Así o pensou a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo cando se propuxo renomear tres edificios do campus cos nomes de tres mulleres destacadas no ámbito da filosofía, das letras e da ciencia, e convidou a A Panadaría, coñecendo o noso labor en prol da igualdade, a dinamizar o acto de modificación.

Sumámonos pois, como non podía ser doutro xeito, cunha chapuza escénica na que, entre outras ocorrencias, as albaneis repartimos uns bocatas de chourizo entre tres políticos asistentes. Unha mestura de cumbia e formigón armado para construír un campus universitario máis xusto.

Acto de renomeamento edificios UVigo (Exeria, Filomena Dato e Ernestina Otero)

Datos artísticos ou técnicos

Intérpretes: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Dirección: A Panadaría
Textos: A Panadaría
Adaptación musical: Ailén Kendelman

Data publicación

Maio de 2019. Campus da Universidade de Vigo.