Elisa e Marcela toman as rúas

Proxecto premiado no I Concurso de Ideas Luísa Villalta.

Nesta ocasión propuxémonos a nós mesmas embarcarnos no desafío de organizar, por primeira vez, unhas xornadas de mediación partindo da montaxe Elisa e Marcela. O obxectivo foi deseñar e coordinar unhas actividades que expandisen a experiencia teatral e enchoupasen toda a cidade da Coruña, onde elas casaron, coas cuestións que propón a obra. Inspirándonos no urbanismo feminista, o título Elisa e Marcela toman as rúas alude á intención de reapropiarnos simbólica e fisicamente dunha cidade planificada por un urbanismo patriarcal e neoliberal.

Durante unha semana convidamos as persoas participantes a involucrarse de xeito activo e directo coas artistas e os contidos que vertebran Elisa e Marcela a través dun taller, un roteiro, unha exposición e un faladoiro e, ademais, tendemos pontes coa comunidade xorda da Coruña nunha función con ILSES.

A continuación podedes ler máis sobre Mulleradas (un faladoiro do pracer para mulleres a partir dos 50), Trotadas (un roteiro sensorial e teatralizado pola Coruña), Tortigrafías (unha cartografía cuir da cidade) e a exposición que reuniu os vestixios visuais e sonoros xerados durante as actividades.

Elisa e Marcela toman as rúas

Datos artísticos ou técnicos

Autoría: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Gena Baamonde.

Material extra: Andrea Álvarez Pino, Gena Baamonde, Areta Bolado, Iván Fernández, Bárbara G. Vilariño, Ailén Kendelman, Laura Porto.

Coordinación xornadas e documentación: Areta Bolado
Produción: Ailén Kendelman
Axudantía de produción: María José Pérez
Ilustracións, mapa e deseño gráfico: Noelia Castro
Fotografía: Pilar Abades
Gravación e montaxe: Mika Audiovisual

Co apoio do Concello e Deputación da Coruña

Data publicación

Do 27 ao 29 de novembro de 2018. A Coruña.