Trotadas
Sabías que o primeiro que tomaron Elisa-Mario e Marcela despois de casar foi un chocolate quente? E que en 1901 a igrexa de San Xurxo estaba sen rematar? E que as praias da Coruña estaban divididas, unhas para homes e outras para mulleres?
Trotadas é un roteiro teatralizado e sensorial baseado na vida de Elisa e Marcela na cidade da Coruña. A creación deste paseo partiu da nosa vontade de sacar do teatro as dúas mestras e, como coas demais actividades dentro de Tomar as rúas, ampliar o imaxinario da cidade.
Para descubrir as distintas partes da historia, as actrices encarnamos distintas personaxes vencelladas á historia que levan as participantes a espreitar como Elisa se transforma en Mario, a entrar en calor cun chocolate quente, a participar da voda en San Xurxo, a cheirar as flores que levaba Marcela no vestido, a asistir ao recoñecemento médico a Mario, a escoitar música en vivo de inicios do século XX, a brindar con xerez ou fuxir dunha xornalista que asedia as protagonistas.
Trotadas é camiñar, ulir, saborear e escoitar. É reencontrarse coas rúas que coñecemos desde un lugar antigamente novo. É unha ficción que se volve real a través da nosa pel.
Trotadas

Datos artísticos ou técnicos
Coordinación e documentación: Areta Bolado
Intérpretes: Valentina Alonso, Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman, Cris Márquez e Isabel Mouzo
Escena en off: Paco Barreiro
Textos: A Panadaría
Música: Áureas
Produción: Ailén Kendelman
Axudantía de produción: María José Pérez
Vestiario: Cornejo
Colaboran: Kokoro Concepto Store, Alita Comics, Bar Faluya, Comunicopy, La Marmota, Gotas de lluvia, Centro Dramático Galego, Arquivo Histórico do Concello da Coruña
Data
29 de novembro de 2018.