Exposición
Elisa e Marcela toman as rúas desenvolveuse durante tres días a través de actividades e accións que expandían o espectáculo Elisa e Marcela e repensaban, reinterpretaban e reimaxinaban as rúas da cidade desde unha óptica LGBTIQ+.
Ao final da última xornada, o público puido asistir a esta pequena exposición situada no foyer do Teatro Colón e que recompilaba os vestixios materiais de Mulleradas, Tortigrafías e unha escolma das músicas que inspiraron parte da creación do espectáculo. Nas paredes penduramos o mapa colaborativo e imaxes da acción na rúa de Tortigrafías, habilitamos uns reprodutores para poder escoitar unha escolla de testemuños do arquivo do pracer de mulleres de máis de 50 anos de Mulleradas, ofrecemos un mapa con curiosidades da cidade na época de Elisa e Marcela e convidamos o Conxunto Internacional Áureas a interpretar en directo pezas que inspiraron a creación do espectáculo.
Exposición

Datos artísticos ou técnicos
Coordinación e textos: Areta Bolado
Materiais gráficos: Pilar Abades e Noelia Castro
Cartografía: Participantes en Tortigrafías
Arquivo do pracer: Participantes en Mulleradas
Gravación arquivo e montaxe: María José Pérez
Música en vivo: Áureas
Produción: Ailén Kendelman
Asistencia produción: María José Pérez
Data
29 de novembro de 2018.
Foyer do Teatro Colón.