Presentación da Gala dos II Premios Youtubeir@s
Haiche moitos xeitos de darlle ao like á nosa lingua. O primeiro, deixar de dicir like, xentiña. En galego tamén podemos abrazar a modernidade, a tecnoloxía e a conectividade. Polgar arriba, dálle ao gústame, levanta o matapiollos!
Nesta gala da II edición de Youtubeir@s mesturamos con retranca algúns dos recentes éxitos virais de internet con algúns tópicos galegos para dinamizar a entrega de galardóns das categorías vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, mellor canle ou mellor eficiencia comunicativa. Nunha consecución de números articulados pola trapallada, os galimatías e os feísmos puidemos demostrar que inda que nosoutras tres medramos con internet na casa, entendemos ben pouco de memes, titoriais, unboxings e todo iso de LOL, OMG e WTF.
Somos as axeitadas para entregar estes premios porque a xente que crea contido en liña en galego, creativo e de calidade, a xente que o merece, está do outro lado recibindo os premios Youtubeir@s!
Presentación da Gala dos II Premios Youtubeir@s

Datos artísticos ou técnicos
Dirección: Illa Bufarda e A Panadaría
Guión: A Panadaría
Intérpretes: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Espazo: Illa Bufarda
ILSES: Gema Santos e Irene Íñiguez
Produción e adaptacións musicais: Ailén Kendelman
Data
20 abril de 2018.
Teatro Colón, A Coruña.