Colaboración con Artesa Cía para “Chola, a it girl”

“A muller pura vai ao ceo celestial. Aiiii, pero a muller impura vai cunha satisfacción descomunal!”.
A Panadaría colabora neste espectáculo, Chola, a it girl, de Artesa Cía., creado por Laura Villaverde como un proxecto transmedia que inclúe, alén do espectáculo, unha webserie, un blog e unha tenda en liña. Na montaxe podemos ver sobre o escenario a Chola, personaxe interpretado por Villaverde, conducindo e gabeando por riba dun Opel Calibra vermello nun show enerxético e desenfadado.

Cuestionar os canons de beleza e reivindicar a resistencia das mulleres do rural confórmase como obxectivo principal deste espectáculo no que todo un reparto de actrices e actores, entre os que nos atopamos Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, interactuamos coa protagonista a través de proxeccións audiovisuais.

Colaboración con Artesa Cía para “Chola, a it girl”

Datos artísticos ou técnicos

Dirección, dramaturxia e interpretación en vivo: Laura Villaverde

Intérpretes nos audiovisuais: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman, Álvaro Iglesias, Simón Piñón, Héctor Pereyra, Megan Hanley e Raquel Espada

Coreografía: Fran Martínez

Escenografía: Laura Villaverde e José Villaverde

Iluminación: Héctor Pazos

Vestiario: Carmen Carrera e Laura Villaverde

Videocreación: Roi Fernández

Espazo sonoro: Lucía Martínez e Roi Fernández

Data estrea

20 de outubro de 2017. Área Panorámica de Tui.