Presentación acto Espazo Coop
Sketch humorístico que ironiza sobre a innovación tecnolóxica e a idea de progreso, ao tempo que reivindica os valores cooperativistas da igualdade, a corresponsabilidade ou a solidariedade. Esta acción creouse especificamente para celebrar o Día do cooperativismo que levaba por lema “Unha oportunidade para cambialo todo”.
Carme Rodríguez é unha emprendedora cunha grande idea e moi poucos escrúpulos. No seu afán por aproveitar os incentivos fiscais para o fomento da creación de cooperativas salta por riba de calquera valor do cooperativismo. O proxecto, ao que se lle suman dúas voluntarias, é a “cowperativa”, unha cooperativa de vacas 3D que comen soia e, polo tanto, dan leite de soia (de vaca). Un delirio escénico. Outra vaca no millo! (Ou na soia).
Presentación acto Espazo Coop

Datos artísticos ou técnicos
Creación: A Panadaría
Intérpretes: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Música: Ailén Kendelman
Data
2 de xuño de 2017.
Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.