Gala para 82º Congreso Internacional do Pen Clube
O punto de partida para crear esta gala era sinxelo, ides ter nas butacas máis de trescentos escritores e escritoras chegados de todo o globo terráqueo e o lema do congreso que os xunta é “erguendo pontes literarias”.
O forno panadeiro funcionou durante semanas para a montaxe da gala inaugural do 82º Congreso do Pen Club Internacional na que fixemos un seguimento humorístico dunha asistente ao congreso que, coas súas torpezas, boicoteaba sen querer o acto. A parodia enfiou esta serie de números de teatro xestual que, unidos aos temas musicais cantados en latín e en traducións a máis de 10 linguas diferentes, fixeron as delicias das persoas asistentes.
Gala para 82º Congreso Internacional do Pen Clube

Datos artísticos ou técnicos
Intérpretes: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Espazo e vestiario: A Panadaría
Música: Ailén Kendelman
Guitarrista: Paco Barreiro
Coa colaboración de: Teatro de Ningures
Data
26 de setembro de 2016.
Teatro Principal de Ourense.