Dirección artística e presentación dos III Premios Martín Códax da Música

Se estás lendo isto, ímosche propoñer un xogo. Nomea tres artistas da música galega racializadas, ben sexan negras, árabes ou asiáticas. Se non che sae, proba a nomear entón tres músicas galegas con discapacidade. Difícil, non? A nosoutras pasounos o mesmo e por iso percibimos a urxencia de poñer no centro do escenario as anormais, as monstruosas, as diferentes que habitan nas marxes do sistema musical galego.

Penduramos unhas luciñas de verbena para recibir no torreiro do Pazo da Cultura de Pontevedra músicas e músicos que tocan na rúa, noveis, con diversidade funcional, racializadas, do colectivo LGBTIQ+ e vellas que nos lembraban que temos que poñer o foco na diversidade se queremos unha música galega gorentosa. Así as finalistas, ganadoras e público puideron gozar das actuacións de Paco Barreiro, Batuko Tabanka, Desirée Gómez, Xerock e Antía Figueroa.

Se vos presta, podedes ver aquí un dos nosos números máis provocadores da gala, no que os peringallos das nosas cricas cobraban vida e bailaban con nós a coreografía dos Premios Martín Conas.

Dirección artística e presentación dos III Premios Martín Códax da Música

Datos artísticos ou técnicos

En escena: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

Dirección artística: A Panadaría

Músicas: Paco Barreiro, Batuko Tabanka, Desiree Gómez, Xerock e Antía Figueroa

Textos: Areta Bolado

Composición musical: Ailén Kendelman

Iluminación: Javi Quintana

Produción: Ailén Kendelman

Apoio en produción: Susana Paredes

Colaboraron con nós: Con de tres pés, Voadora, Jesús Rosendo Fernández, Cé orquestra pantasma, Traspés, Gena Baamonde, Montse Piñeiro, Fran Veiga, Isabel Mouzo, Nieves Fernández, Berto Misa, Pilar Abades, Amparo Bolado, Paula Pier, Alejandra Cereijo, Concello do Porriño e CDG

Data

28 abril de 2016.
Pazo da Cultura de Pontevedra.