Obradoiro de conciliación

A Panadaría ofreceu este Obradoiro de Conciliación Familiar de balde para crianzas entre 6 e 12 anos coincidindo cunha das funcións da xira despedida de Elisa e Marcela en Vigo. Mentres as adultas asistían á función, as peques gozaron en compañía de persoal especializado dunha sesión de xogos teatrais creada para a ocasión. Con esta actividade quixémoslle ofrecer tempo e espazo para vir ao teatro a quen ten persoas cativas ao seu cargo e, ás pequechas, unha actividade onde imaxinar todas as posibilidades que ofrece o teatro. E, quen sabe, estamos seguras de que no futuro, imos compartir o patio de butacas!

Aínda que escasas, estas iniciativas que facilitan a conciliación comezan a aparecer lembrando a cidadáns e institucións que é necesario incluír ás persoas de todas as idades e capacidades na vida das nosas comunidades, garantizando o acceso igualitario a ocio e cultura.

Obradoiro de conciliación

Datos artísticos ou técnicos

Este obradoiro organizouse en colaboración coa Asociación Nós Mesmas e contando co apoio da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

Monitoras: Leonor Sangabriel e Nicolás Otero

Espazo: Local da Asociación Nós Mesmas. Torrecedeira, Vigo

Data

29 de xuño de 2023