Presentación Revista Píkara número 7 en papel
No noso local de Coia, Vigo, celebramos no ano 2020 unha presentación aberta do número sete do anuario en papel de Pikara Magazine, o referente máis relevante do xornalismo feminista estatal. A nosa oficina encheuse a rebentar de lectoras, activistas feministas, xornalistas, estudantes de arte dramática e veciñanza do barrio. Unha das coordinadoras da revista, Andrea Momoitio, expuxo os contidos e xerou un debate vizoso e divertido no que acabou disfrazada de polbo parodiando con A Panadaría unha famosa escena dunha película lésbica.
Neste número de Pikara falan de xornalistas, dicionarios, bertsolaris, do papel das redes sociais, de como desactivar rumores racistas e mesmo sobre o silencio. Nesta edición escriben Teresa Villaverde, María Reimóndez, June Fernández, Txus García, La santa mari(c)a, Barbara G. Vilariño, Mahé Elipe e moitas máis.
Presentación Revista Píkara número 7 en papel
Datos artísticos ou técnicos
Presentación: Andrea Momoitio
Data publicación
12 de febreiro de 2020. Local de A Panadaría, Coia, Vigo.