Sinopse da obra Elisa e Marcela
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.
As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Unha obra de teatro moi aplaudida pola crítica.
Vívea connosco nas seguintes datas
Premios
Premio Luísa Villalta para Proxectos Culturais pola Igualdade 2017
Premio María Casares a Mellor Espectáculo 2018
Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal 2018
Areta Bolado Premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista 2018
Gena Baamonde Premio María Casares a Mellor Dirección 2018
Premio Marcela e Elisa da Asociación ALAS 2018
Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman Premio FETEGA a Mellor Actriz 2018
Premio FETEGA a Mellor Espectáculo 2018
Premio do Público da Mostra Internacional de Ribadavia 2018
Ailén Kendelman Nominación Premio María Casares a Mellor Actriz Secundaria 2018
Ailén Kendelman Nominación Premio María Casares a Mellor Música Orixinal 2018
Premio Las Horas do Festival de Cine LGBT de Extremadura 2019
Premio Begoña Caamaño á Acción Cultural pola Igualdade 2020
Premio Pluma da FELGTBI+ 2021