Sinopse da obra As que limpan
Un cartel pendurado no manubrio da porta: «Por favor, arranxe o cuarto». Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.
Unha obra de teatro moi aplaudida pola crítica.
Vívea connosco nas seguintes datas
Premios
Premio do Público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022
Premio a Mellor Espectáculo de Sala na Feria de Teatro de Castilla y León 2022