Videos para a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo
“También he oído casos de alumnas que han ido a despachos y los profesores han intentado algo con ellas, sí, se sabe, algún caso, sí. Y porque oyes a alguna alumna decir, pues es que el profesor es un cerdo, por ejemplo, o cosas por el estilo, sí”.*
“En los baños de esta facultad. Yo recuerdo estar desatascando un váter con una fregona y notar así una presencia y entonces mirar para atrás y encontrarme a un alumno masturbándose allí […]”.*
A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, coincidindo co 8M e no seu afán de facer a institución máis igualitaria, decidiu convidarnos no ano 2020 a crear tres vídeos de sensibilización que servisen para lle dar a benvida ao alumnado novo no seu primeiro día no campus a través da UVigoTV. En A Panadaría guionizamos, diriximos e interpretamos estas tres pezas que inciden na falta de igualdade de oportunidades, a invisibilización nos currículos escolares e a necesidade dunha actitude firme contra o acoso no ámbito universitario.
Cousiñas de muller. Denuncia con moita ironía, e a través de mulleres destacadas das ciencias, o que Margaret W. Rossiter cualifica como Efecto Matilda: canto máis brillante é o traballo científico dunha muller, máis se agocha e despreza.
O teito de cristal. Incide cun humor acedo nas violencias estruturais que se exercen sobre as mulleres universitarias, dificultando a súa carreira investigadora e profesional. Tal e como sinala o Informe She Figures da Unión Europea e outros estudos similares, o número de mulleres universitarias é maior que o de homes, mais ao final os que se consolidan como académicos ou investigadores son maioritariamente eles, tal e como mostra o famoso gráfico de tesoiras.
Luciano Márquez Márquez. A través da parodia, facemos unha radiografía dunha personaxe de ficción creada para este vídeo a partir de declaracións reais recollidas no informe Diagnose do acoso sexual e por razón de sexo na Universidade de Vigo, elaborado por investigadoras do Grupo de Investigación en Sexualidade, Xénero e Saúde da Facultade de Ciencias da Educación. Aínda que elaboramos este vídeo no ano 2020, aínda non se fixo público na plataforma UvigoTV. Nós ofrecémolo aquí ou na nosa canle de vídeo.
Videos para a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo
Datos artísticos ou técnicos
Dirección: A Panadaría
Intérpretes: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman, Sergio Alfonso, Paco Barreiro, Catuxa Fabeiro, Iván Vázquez e Marité Ameijeiras
Voz en off (Cousiñas de muller): Paco Barreiro
Guión Cousiñas de muller e O teito de cristal: Noelia Castro
Guión Luciano Márquez Márquez: Areta Bolado
Gravación e montaxe: Alejandra Penabade (Adarme Visual)
Gravación de son e animación (Luciano Márquez Márquez): María José Pérez
Produción: Ailén Kendelman
Axudantía produción: María José Pérez
* Pódese consultar o informe Diagnose do acoso sexual e por razón de sexo na Universidade de Vigo en https://www.uvigo.gal/es/node/171707
Data publicación
Marzo de 2020.