Manual do Macho Ibérico

Á chamada da coordinadora da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, Carme Adán, realizamos esta encarga de idear e gravar unha peza audiovisual inspirada no espectáculo Elisa e Marcela. Interesadas polas posibilidades formais e estéticas do videoclip, creamos esta reflexión desenfadada sobre a construción da masculinidade hexemónica tradicional.

Desde A Panadaría subliñamos a importancia de reescribir as poéticas hexemónicas desde posicións disidentes e, coma nesta peza, revelar que elementos da masculinidade están en cuestión e como se poden reverter modelos, posturas, roles e estereotipos á procura de masculinidades igualitarias.
A videocreación musical está inspirada nos obradoiros Man for a day de Diane Torr e a creación artística de Cabello-Carceller, recolle a nosa admiración pola escena drag king galega e homenaxea todas as mulleres que, como Elisa, empregaron o travestismo funcional para desafiar as normas que lles impedían acceder a espazos reservados aos homes cisxénero.

Este videoclip proxectouse por primeira vez nas xornadas Pensar con Orgullo no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela en xuño de 2019.

Manual do Macho Ibérico

Datos artísticos ou técnicos

Intérpretes: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Dirección e guión: A Panadaría
Composición musical: Ailén Kendelman
Caracterización: María Simón
Gravación de son: EstereoArte
Gravación e montaxe: Mika Audiovisual
Asistente iluminación: Montse Piñeiro
Prácticas produción: Héctor G. Pereira
Asesoría en dragking e cameo: Nicolás Otero, alias “Nico Elsker”
Colaboran: Rosendo, Manolito, AulaD, Flamingos Vintage Kilo Vigo e ESAD de Galicia
Unha encarga do Consello da Cultura Galega

Data publicación

11 de xuño de 2019.