Libro Elisa e Marcela

XXII Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas d’A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

O texto desta montaxe estreada na Coruña no ano 2017, publícase por primeira vez en 2022 xunto con outro material inseparable, as partituras da música vocal orixinal. Nesta edición compartimos páxinas co texto O esboroamento da tenrura de Luisma Soriano (Premi Born de Teatre 2021).

Elisa e Marcela

Datos artísticos ou técnicos

Autoría: A Panadaría, Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Gena Baamonde.
Partituras musicais: Ailén Kendelman.
Maquetación: Javier Lojo.
Edita: Erregueté (Revista Galega de Teatro).
Coordinación editorial: Roi Vidal.

Exemplar de 168 páxinas, publicado en 2022

Á venda en librarías e aquí: https://tenda.erreguete.gal/es/producto/elisa-e-marcela-esboroamento-tenrura/

Data

Primeira edición: xuño 2022